Cocemfe

Línea Accesibilidad

App Línea Accesibilidad

Línea Accesibilidad é un servizo de participación cidadá e de comunicación de incidencias de accesibilidade no teu municipio. Só debes descargar a app de forma completamente gratuíta para poñerte en contacto co teu Concello e comunicarlle calquera dano nos elementos de accesibilidade xa existentes no medio urbano, que dificultan ou impiden a mobilidade das persoas.

Con tan só catro sinxelos pasos poderás facer chegar a incidencia (selecciona a categoría, marca a situación, sobe fotografías e envía o teu comentario). De forma inmediata, o técnico do Concello recibe a comunicación e comeza os trámites para xestionala. Cada vez que se realice un cambio de estado na incidencia, recibirás unha notificación. Así, estarás informado/a en tempo real dos pasos que se están a levar a cabo.

Que tipo de incidencias se poden comunicar? Danos do pavimento (rebaixes, beirarrúas, vaos, etc.), en prazas de aparcadoiro, no acceso ao transporte urbano/interurbanos e vehículos (itinerarios, paradas, marquesiñas, etc.), sinalización defectuosa (información, tamaño dos carácteres, cores, etc.), elementos que dificultan o paso e que poden ser removibles (colectores, morróns, arquetas, reixas, etc.), outros.

Quen pode comunicar unha incidencia? Todos os cidadáns. A mobilidade e a accesibilidade son dereitos que deben ser promovidos por todas as persoas en colaboración coas súas administracións máis cercanas.municipio.

Ademais, para máis información sobre accesibilidade podes consultar o noso Observatorio de la Accesibilidad de COCEMFE (www.observatoriodelaaccesibilidad.es)